www.Linguas.com - Traducións
Português English Español Français Galego Italiano

Presentación

Tradución técnica e comercial Procesamento de datos
  • Transcrición
  • Conversión de formatos
  • Informatización de bibliotecas
  • Solucións de códigos de barras
Asesoramento
  • Transportes públicos
  • Crecemento económico
  • Estudos de mercado
  • Asistencia en reunións de negocios
  • Aluguer de nomes de dominios
  • Recrutamento e formación

Responsabilidade social

Presentación: somos un grupo de tradutores de diferentes nacionalidades con máis de 20 anos de experiencia en tradución e asesoramento empresarial e institucional. O traballo en grupo e a especialización permítennos proporcionar unha excelente relación calidade-prezo. Connosco tamén traballan transcritoras e un técnico informático que garanten un rigoroso formatado dos traballos e a axeitada preparación dos orixinais para a súa tradución.

Aínda que a tradución sexa a nosa actividade principal, a diversidade das nosas competencias permitiunos a realización de traballos en ámbitos relacionados coa tradución e outros ou distintos, en particular, o procesamento de datos e o asesoramento.

Competencias: ademais de varios compañeiros licenciados en Tradución, contamos con profesionais con diplomatura superior nas áreas da Economía, Socioloxía, Psicoloxía, Investigación operativa e Dereito (incluídos fiscalidade, dereito bancario, bolsa e seguros).

Forma da sociedade: o grupo está constituído por unha sociedade comercial con domicilio social en Portugal, cun cadro de persoal de 5 traballadores indefinidos, varios profesionais autónomos que tributan en Portugal e España, e unha sociedade con domicilio social na América Central.

Orzamentos: pode solicitar orzamento sen compromiso enviando o arquivo orixinal ou unha mostra. Para traballos noutros ámbitos (procesamento de datos, terminoloxía, asesoramento, etc.), pode expor o seu caso por correo electrónico, fax ou teléfono, e axiña lle enviaremos un orzamento gratuíto e sen compromiso.

Países: contamos con presenza permanente en Portugal, España, Costa Rica, Nicaragua, Colombia, Venezuela e Brasil. Tamén contamos con colaboradores permanentes ou esporádicos noutros países de Europa, América Latina e Asia.

Telf. (+351) 22 954 5384 Enderezo de correo electrónico: espinoza@mail.telepac.pt ou info@Linguas.com. Outras formas de contacto.