x www.Linguas.com
www.Linguas.com - Traducións
Português English Español Français Galego Italiano

Presentación

Tradución técnica e comercial Procesamento de datos
  • Transcrición
  • Conversión de formatos
  • Informatización de bibliotecas
  • Solucións de códigos de barras
Asesoramento
  • Transportes públicos
  • Crecemento económico
  • Estudos de mercado
  • Asistencia en reunións de negocios
  • Aluguer de nomes de dominios
  • Recrutamento e formación

Responsabilidade social

Procesamento de datos: a compoñente informática é cada vez máis importante na comunicación e na tradución. Por isto, contamos cun técnico informático permanente e un equipo de transcritoras para os traballos de procesamento de datos, ben sexa como complemento á tradución ou en traballos específicos de tratamento de datos (por exemplo, a recollida de datos de empresas dun sector nun determinado país para a divulgación dun produto).

Transcrición: ademais do noso equipo de tradutores de diferentes nacionalidades, connosco tamén traballan transcritoras que preparan os arquivos para a súa tradución cando os orixinais se atopan en papel ou nun formato que non se pode editar. Tamén realizan a transcrición de orixinais en formato sonoro ou de vídeo.

Conversión de formatos: a diversidade de formatos non supón un problema para o noso equipo. Ademais de termos adquirido diverso software para tratar diferentes formatos, o noso técnico informático e o noso equipo de transcritoras consegue converter e tratar arquivos en case todos os formatos, ben sexa por conversión manual, semimanual ou totalmente automática.

Informatización de bibliotecas: dado que contamos cunha biblioteca de máis de 400 dicionarios especializados e cerca de 2.000 libros dos máis diversos sectores, contamos cunha ampla práctica na informatización de bibliotecas e acceso rápido a través do ISBN. A utilización de lectores portátiles de códigos de barras permítenos recoller información rápida de calquera biblioteca e proceder á súa informatización.

Solucións de códigos de barras: o noso arquivo atópase totalmente informatizado mediante o uso de códigos de barras, en particular coa norma EAN-13 e CODE 39. A ampla práctica con lectores e solucións informáticas para o seu tratamento, permítenos elaborar sistemas sinxelos para clientes que desexen informatizar os seus arquivos.

Telf. (+351) 22 954 5384 Enderezo de correo electrónico: espinoza@mail.telepac.pt ou info@Linguas.com. Outras formas de contacto.