www.Linguas.com - Traducións
Português English Español Français Galego Italiano

Presentación

Tradución técnica e comercial Procesamento de datos
  • Transcrición
  • Conversión de formatos
  • Informatización de bibliotecas
  • Solucións de códigos de barras
Asesoramento
  • Transportes públicos
  • Crecemento económico
  • Estudos de mercado
  • Asistencia en reunións de negocios
  • Aluguer de nomes de dominios
  • Recrutamento e formación

Responsabilidade social

Transportes públicos: o noso tradutor con maior antigüidade dispón dun master en investigación operativa e dunha ampla experiencia en transportes públicos. Deste xeito, temos realizado iniciativas para a mellora dos transportes públicos, sobre todo no distrito do Porto. Tamén realizamos estudos de mobilidade e asesoramento sobre transportes públicos.

Crecemento económico: a formación académica dos nosos colaboradores (economía, socioloxía, psicoloxía, investigación operativa, dereito bancario, dereito fiscal, etc.) e a ampla experiencia no mundo empresarial permitíronnos concibir propostas de medidas para o crecemento económico sen investimento público. Temos presentado estas medidas en sesións en varias cidades portuguesas, co fin de divulgar as propostas e de obter achegas para o seu perfeccionamento.

Estudos de mercado: Ademais da actividade de tradución, temos realizado traballos de apoio á exportación e asesoramento sobre aspectos específicos de cada mercado, nos diferentes países nos que operamos.

Asistencia en reunións de negocios: aínda que non actuemos no ámbito da interpretación, prestamos asistencia en reunións de negocios en Portugal e na América Latina, a través da presenza de economistas ou outros técnicos bilingües que establecen pontes entre profesionais de diferentes países, esclarecendo dúbidas e presentando as especificidades de cada mercado.

Aluguer de nomes de dominios: por levar presentes en Internet case dúas décadas, dispomos dun amplo conxunto de nomes de dominio que usamos internamente, pero que tamén podemos alugar a empresas que desexen explotar un mercado específico.

Telf. (+351) 22 954 5384 Enderezo de correo electrónico: espinoza@mail.telepac.pt ou info@Linguas.com. Outras formas de contacto.