www.Linguas.com - Traducións
Português English Español Français Galego Italiano

Presentación

Tradución técnica e comercial Procesamento de datos
  • Transcrición
  • Conversión de formatos
  • Informatización de bibliotecas
  • Solucións de códigos de barras
Asesoramento
  • Transportes públicos
  • Crecemento económico
  • Estudos de mercado
  • Asistencia en reunións de negocios
  • Aluguer de nomes de dominios
  • Recrutamento e formación

Responsabilidade social

Orzamentos: pode enviar o seu orixinal para que elaboremos un orzamento gratuíto da tradución. Se opta por enviar só unha mostra, esta deberá ser representativa dos temas e complexidade do texto completo. Por exemplo, para un traballo de 10.000 palabras, pode enviar unha mostra de 500 palabras, indicando que se trata do 5% do volume total. Para os clientes máis habituais, temos estipulada unha tarifa por palabra que permite que o propio cliente saiba o prezo final ao enviar o pedido de tradución.

Ámbitos de especialización: dado que contamos cun amplo equipo de tradutores portugueses, españois e galegos, podemos aceptar traballos nunha grande variedade de ámbitos nestas linguas. Nas restantes combinacións de linguas, a especialización é máis limitada, polo que, nalgúns casos, poderemos recomendar outra empresa. Os ámbitos nos que contamos con máis experiencia son os seguintes:

  • Tradución de informes e contas
  • Traducións de finanzas e contabilidade
  • Traducións de rexistros e notariado
  • Traducións xurídicas
  • Tradución de KIID e folletos de emisores
  • Traducións para concursos públicos
  • Traducións para turismo e museos
  • Traducións para o sector enerxético
  • Tradución xeral e comercial
Telf. (+351) 22 954 5384 Enderezo de correo electrónico: espinoza@mail.telepac.pt ou info@Linguas.com. Outras formas de contacto.